Un ano máis os/as coordinadores/as das bibliotecas de Galicia reunímonos no Pazo de Congresos de Santiago, o 17 de marzo, nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/17.
A valoración das xornadas foi moi positiva. A apertura das mesmas correu a cargo de José Antonio Millán, lingüista e doutor en literatura comparada, que realizou un informe analizando a situación na que se atopa a lectura en España. Tivemos tamén a oportunidade de escoitar á escritora e membro da Real Academia Galega Marilar Aleixandre, que pechou as xornadas.
Estas reunións, ademais de servir para formarnos, permítennos compartir experiencias con outros compañeiros nun ambiente relaxado e cordial.
Noraboa á organización!
No hay comentarios:
Publicar un comentario